Un cento de nenos e nenas participaron nos talleres de cociña de "BetanChef"

Un dos talleres de cociña infantil de "BetanChef"

Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1 Gallery Thumb 1

Case un cento de nenos e nenas participaron nos talleres "Menuda Cociña" incluídos na programación de BetanChef. Esta actividade, organizada pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto, ACEBE CCA, desenvolveuse na Praza do Campo o pasado sábado 15 de xuño.

En total foron 98 os nenos e nenas que aprenderon a elaborar sinxelos pratos da man dos monitores de Punto Up Arte, 40 na quenda da mañá e 58 na quenda da tarde.

Pola mañá, os participantes elaboraron tartas de "huesitos" e pola tarde tortilla ao forno. Pratos que ademais puideron degustar.

Para participar nos talleres de cociña infantil era preciso dispor dunha invitación que os comercios e empresas asociadas a ACEBE CCA repartiron nos días previos entre os seus clientes.

Ademais dos obradoiros de cociña, a iniciativa de ACEBE CCA incluía unha ruleta de premios na que se repartiron centos de agasallos entre os nenos e nenas que se achegaron á Praza do Campo coa súa invitación. Os premios máis solicitados foron os bonecos SuperZings. Tamén se repartiron libros e xogos de mesa. Tamén se entregaron numerosos agasallos cedidos por Gadis, patrocinador da campaña, que aportou bonecos dos Súpersaludables.

Cociña de altura en “BetanChef”

A campaña completouse cos showcooking impartidos por hostaleiros locais nos que participaron ducias de persoas que, ademais de aprender os segredos e trucos de cociña, puideron degustar as creacións de Restaurante Casanova, A Cova do Frade e Mesón O Pote.

Restaurante Casanova cociñou "Regañá de sardiñas sobre pan carbón de masa nai e sementes, ceboliño e aire de tomate", "zamburiña con AOVE de algas nori e wakame" e "Caniñas recheas de crema pasteleira".

A Cova do Frade preparou "Matrimonio de steak tartar e atún vermello", "Vieira galega lañada, mazá e apio", "Xarda marinada e auga de gaspacho" e "Froitos vermellos e infusión floral".

Mesón O Pote elaborou "Arroz meloso de berberechos, bacallau e alga wakame" e "Coulant de chocolate".

As demostracións de cociña contaron cunha alta participación de xente que se achegou ata a praza para descubrir os segredos culinarios destes exquisitos pratos. Ademais, os cociñeiros respostaron ás preguntas e dúbidas que o público lles formulou.

"BetanChef" contou coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do Concello de Betanzos e de Gadis.


Noticia extraída do Nº 320 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis