A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...
Un concerto histórico de Leo Nucci pon hoxe o peche ao “Ano de Betanzos”
Leo Nucci foi recibido pola alcaldesa e por varios concelleiros na Sala Capitular / FOTO ARUME
“Grazas infinitas. É unha honra e un privilexio. Non poderiamos imaxinar un colofón mellor a este ano de conmemoración do 800 aniversario. Para Betanzos vai a ser un momento histórico, inolvidable”. Así se expresaba a alcaldesa, María Barral, durante a recepción a Leo Nucci e á súa esposa Adriana Anelli na véspera do concerto co que o barítono italiano porá o peche á celebración do VIII Centenario do traslado da cidade.
Durante a recepción, María Barral expresou emocionada a súa gratitude por ter aceptado a convidación malia ter pechada xa a súa axenda tralo anuncio da súa retirada dos escearios. Nucci ofrecerá hoxe ás 20.30 horas en San Francisco o que será o seu último concerto en España.
O barítono, tamén emocionado, explicou que para el é un “privilegio increíble, un honor, participar en este aniversario histórico”, dixo, e fixo referencia á amistade particular que o une co párroco Santiago Pérez: “Betanzos es especial, por su simpatía, por el calor que transmite su gente. La amistad con D. Santiago me llevó a una amistad con la ciudad”. Nucci dixo que “espero que mañana ofrezcamos un concierto que haga honor a la ciudad”.
Logo de recibir de mans da alcaldesa o obsequio conmemorativo do 800 aniversario, adicado expresamente ao barítono, Nucci asinou no libro de Ouro da cidade.
Un concerto histórico
A actuación de Leo Nucci será histórica por varios motivos. O barítono despídese dos escearios para adicarse á dirección artística e este será o seu último concerto en España. Ademais, interpretará un aria da ópera “Il Sordo… Sogno d’amore in una notte di San Silvestre”, homenaxe a Beethoven que el mesmo escribiu e a quen lle puxo música Paolo Marcarini, que tamén o acompaña na súa estadía en Betanzos. Esta ópera estreouse en Piacenza o 31 de decembro de 2019 e non volveu a interpretarse en ningún outro esceario.
Xunto a Nucci actuará a soprano Clara Jelihovschi e acompañaraos a Italian Opera Chamber Ensemble. Ademais, trouxo consigo o “Cuarteto Leo Nucci”: dous violíns, unha viola e un violonchelo que encargou expresamente a un luthier de Cremona, Francesco Toto, un legado que quere deixar á súa filla e ás súas netas.
Ao concerto poderán asistir 450 persoas con convidación, logo dun proceso de inscrición e dun sorteo. As persoas que no conseguiron entrada pero estaban apuntadas na lista poderán velo en “streaming” no Alfonsetti e no Salón Azul do Liceo.
Ademais, transmitirase a través da páxina web municipal: www.betanzos.gal.
Novas relacionadas
10/02/2021
Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...
27/01/2021
Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...
23/11/2020
O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...