15 empresas asociadas a ACEBE CCA colaboran na venda dos calendarios solidarios do IES Francisco Aguiar

ACEBE CCA colabora un ano máis na venda dos calendarios solidarios para recadar fondos para a investigación do meduloblastoma, elaborados con ilustracións de alumnas e alumnos do IES Francisco Aguiar de Betanzos. Os calendarios poden mercarse na Secretaría do IES Francisco Aguiar, nas oficinas de ACEBE CCA (na Praza Mestre José Dapena número 1, baixo) e nos establecementos colaboradores, que nesta ocasión son 15: BC Iluminación, Óptica Brigantium, Graf, Casa do Queixo, O Ekolar, Base Todo Deporte, Wanna Sneakers, Fontela 2000, Ortopedia Betanzos, Librería Brea, Libraría Biblos, Xoma Kids, Óptica, Parafarmacia, Herboristería Selgas, Pobesalud e Freesia. O prezo é de 5 euros e a recadación íntegra irá destinada a Cancer Research Innovation Spain [Iniciativa Noel] [www.criscancer.org].

Os socios e socias de ACEBE CCA que desexen sumarse a esta colaboración poden contactar coa asociación no teléfono 981774574 (de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas), por whatsapp no 618829804 ou por correo electrónico no enderezo: acebe@comerciodebetanzos.com

Este é o terceiro ano consecutivo no que o Francisco Aguiar edita estes calendarios que inclúen unha selección de doce debuxos do alumnado que se presentou ao certame convocado pola Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez do centro.

Ademais dos doce debuxos elixidos inclúense as catro ilustracións finalistas para a portada e outras doce que conforman o “calendario alternativo”,  tal e como explicou o director do Instituto, Francisco Rodríguez.

Os debuxos que ilustran o calendario son obra de Alejandro Carro Figueroa, Pedro Rafael de Farias Alves, Simón Cabanas Fernández, Alba Rufino Fernández, Iria Porta García, Sabela Rivera González, Marcos López López, Celia Matos Fernández, Pablo Medín González, Daniela Varela Mella, Juana Barreiro Sánchez, Aida García Regueiro e Karol Lemos Carro.

A iniciativa está promovida polo IES Francisco Aguiar e conta co apoio da Fundación María José Jove, que financia a impresión dos calendarios, e coa colaboración de ACEBE CCA.


Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis