A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...
Doce expositores participan no “Betanzos Showroom Celebra” de ACEBE CCA

Unha ducia de expositores relacionados coa celebración de eventos daranse cita na primeira edición de “Betanzos Showroom Celebra”, organizado por ACEBE CCA.
A mostra celebrarase no Edificio do Matadoiro, no barrio de A Ribeira, na fin de semana do 26 e 27 de marzo en horario ininterrompido de 11.00 a 20.00 horas. Haberá expositores de roupa de noiva e noivo, de comuñón, catering, fotografía, salón de peiteado e maquillaxe, viaxes, agasallos, música, animación…
Nesta primeira edición participan un total de doce negocios asociados a ACEBE CCA: Bicoca Moda Home, Cuore Boutique, Larpeiradas Babel, Artesa da Moza Crecha, Xoma Kids, Fuchica Na Testa, Zafiro Tours, Selperia, Disco Móvil Sebas 21, Compás Proxectos, SV Estética e Soloe Viajes. O evento conta coa colaboración especial de Flores Dans que se ocupará da decoración do recinto. A entrada será libre seguindo os protocolos sanitarios de prevención da covid-19 e adoptaranse as medidas de seguridade vixentes.
“Betanzos Showroom Celebra” está organizado por ACEBE CCA e conta coa colaboración do Concello de Betanzos, da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia.
Novas relacionadas
31/05/2026
ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aporta...
08/05/2026
ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do cas...
22/03/2026
ACEBE CCA pon en marcha unha nova edición da súa Campaña de primavera, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un para consumir nos establecem...

