Unha ducia de socios de ACEBE CCA colabora na venda dos calendarios solidarios Noel Balsa González editados polo IES Francisco Aguiar

O IES Francisco Aguiar de Betanzos editou, por sexto ano consecutivo, os calendarios solidarios Noel Balsa González en favor de Cris Contra el Cáncer, co patrocinio da Fundación María José Jove.

Os calendarios, elaborados con ilustracións de alumnos e alumnas do centro, están á venda na secretaría do IES Francisco Aguiar, nas oficinas de ACEBE CCA (de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas) e en trece negocios colaboradores asociados a ACEBE CCA. O prezo é de 5 euros e a recadación íntegra destínase á investigación contra o cancro infantil a través da Fundación Cancer Research Innovation Spain.

Os establecementos asociados nos que poden mercarse os calendarios son: Bicos, Óptica Brigantium, Óptica, Parafarmacia, Herboristería Selgas, La Pelu de Nana, Alecrín, Chocolat, Comercial Veiga, O Ekolar, Larpeiradas Babel, Ortopedia Betanzos, Xoma Kids, Beatriz 13, Maskesueños e Libraría Biblos.

Coa edición dos calendarios solidarios, o IES Francisco Aguiar mantén no recordo a Noel Balsa González, o mozo betanceiro que fora alumno do centro e que faleceu por mor dun meduloblastoma tras loitar durante anos contra esta enfermidade.


Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis