ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aporta...
Unha vintena de comercios súmase ao novo servizo de envíos gratuítos de ACEBE CCA

Un total de 18 comercios asociados a ACEBE CCA sumáronse ao novo servizo de envíos gratuítos para as vendas en liña que a asociación ofrece aos seus socios e socias.
Trátase dunha nova prestación exclusiva para comercios mediante a que a asociación busca "impulsar a competitividade do comercio local no mercado global de Internet", tal e como explicou a presidenta de ACEBE CCA, María Luisa Pérez Iglesias. "Ademais, fomentamos as vantaxes do asociacionismo para que os comercios tomen conciencia da necesidade de formar parte das asociacións de comercio que lles ofrecen beneficios directos a través de accións como esta", subliñou a presidenta do colectivo.
100 euros mensuais
Cada comercio inscrito no novo servizo disporá dun saldo de ata 100 euros mensuais para sufragar os gastos de envío das compras que os seus clientes realicen nos seus negocios a través das súas páxinas web ou das redes sociais. Esta contía poderá ser revisable e mesmo incrementarse segundo o volume de vendas ou a demanda dos negocios inscritos. Os envíos realizaranse a través da sucursal de MRW de Betanzos que xa contactou cos diferentes comercios apuntados para explicar as condicións da prestación.
O servizo estará subvencionado pola Xunta de Galicia a través das Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia, e estará activo ata o vindeiro mes de outubro ou ata que se esgote o crédito concedido pola Consellería.
Os comercios asociados a ACEBE CCA que desexen inscribirse poden facelo enviando un correo electrónico a: acebe@comerciodebetanzos.com ou comunicándose coa asociación no teléfono 981774574 de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Novas relacionadas
08/05/2026
ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do cas...
22/03/2026
ACEBE CCA pon en marcha unha nova edición da súa Campaña de primavera, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un para consumir nos establecem...
26/02/2026
ACEBE CCA acaba de activar o servizo de envíos gratuítos para as vendas en liña, unha prestación exclusiva para comercios asociados que está subv...

