Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes (para 2 persoas): 4 tomates pelados. 1 pemento verde. 1 pemento vermello. 1 berenxena. ...
Vieiras da Ría de Ferrol en temporada
Receita cedida por Restaurante San Andrés
Ingredientes:
-Vieiras da Ría de Ferrol
-6 cebolas chatas
-1 cabeza de allos
-3 tomates
-Xamón
-Perexil
-Pementón doce
-Azafrán
-Sal
-Unha copiña de viño albariño
Elaboración:
-O primeiro é abrir as vieiras por un lado cun coitelo de punta fina facendo presión pegado o filo á cuncha para así non danar a carne, unha vez abertas eviscerar coidadosamente mantendo só a carne branca e o coral laranxa.
-Facemos unha fritada: 6 cebolas chatas cortadas en cadradiños, 1 cabeza de allos cortada en cadradiños moi finos e pequeniños, 3 tomates carnosos previamente escaldados e despois en cadradiños, un trozo de xamón serrano con certo grosor para cortar tamén en cadradiños pequenos, perexil, pementón doce, unhas hebras de azafrán, puntiño de sal, unha copiña de viño albariño. Pensando sempre en celíacos non utilizamos pan relado.
Fritada:
En dúas culleres de aceite de oliva virxe extra poñemos o allo ata que comece a tomar color tenue, enseguida a cebola. Cando estea clara e branda, o tomate, o pementón, o azafrán. Despois de 15 minutos o viño, o xamón e por último o perexil e apagamos.
-Unha vez feita a fritada cóbrese cada unha das vieiras e a forno medio forte déixanse uns 10 minutos.
Novas relacionadas
25/09/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Para 8 porcións 400 g de Arándanos de Biosbardos-Cultura de Leira. Para a base ...
01/05/2021
Receita cedida por Ternera Grill Ingredientes: Para 4 persoas 8 toros de pescada 200 ml de tomate frito 1 folla de loureiro 1 cebola...
26/03/2021
Receita cedida por Restaurante San Andrés Ingredientes: Verduriñas variadas de "olor e sabor" (acelga baby de cores, espinaca, lombarda, cabaz...