Medio rural apoia o Viño da Terra de Betanzos coa creación dunha adega experimental

A Consellería de Medio Rural apoia con 120.000 euros a instalación dunha adega experimental no Centro de Experimentación Agroforestal de Guísamo, no que se realizarán microvinificacións das variedades tradicionais da comarca de Betanzos, procedentes do propio viñedo que se está a ampliar, tamén co apoio da Consellería.
Ademais, a Asociación Sectorial de Viticultores e Adegueiros de Betanzos están a pór en marcha accións de apoio ó proceso de dinamización do tecido socioeconómico relacionado coa Indicación Xeográfica Viño da Terra de Betanzos, mediante a colaboración con outras institucións como a Fundación Juana de Vega para a valorización da variedade autóctona Blanco Lexítimo. Tamén participan en actos de promoción como catas ou a recente asistencia á I Festa da Tortilla na que contaron co apoio do Concello e onde o único viño que se comercializou foi o das cinco adegas que ata o momento están amparadas na Indicación Xeográfica Viño da Terra de Betanzos.

 


Novas relacionadas


ACEBE CCA RECIBE O GARELO DE COMERCIO E INDUSTRIA

07/09/2012

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto, ACEBE CCA, foi unha das galardoadas coa distinción Garelo que...


leer máis


A EMPRESA PROPIETARIA DOS CHALÉS DO PASATEMPO PIDE A LICENCIA DE DERRUBE

08/09/2009

A empresa participada por Banesto, como propietaria das vivendas unifamiliares inacabadas do Pasatempo, ven de solicitar ante o Concello a licencia ...


leer máis


O CONCELLO RETIRA A PONTE DE MADEIRA QUE SERÁ SUSTITUIDA POR OUTRA DE DESEÑO SIMILAR

08/09/2009

O Concello retira a ponte de madeira que será sustituida por outra de deseño similar A ponte de madeira do malecón pasou á historia. O seu dete...


leer máis


OS VECIÑOS DE ALFONSO IX PIDEN O TRASLADO DO CUARTEL DA GARDA CIVIL POR SEGURIDADE

05/11/2009

O Concello ten que reordenar os estacionamentos no entorno do acuartelamento para cumprir os requisitos de seguridade que regula o Ministerio de...


leer máis