Volve o concurso "Enche Betanzos de globos" organizado por ACEBE CCA

ACEBE CCA organiza, coa colaboración do Concello, o concurso "Enche Betanzos de globos" que se desenvolverá entre o 14 de xullo e o 1 de agosto. Haberá dúas categorías, unha para menores de ata 12 anos e outra para maiores de 12 anos.

O premio para cada unha das categorías consistirá nun lote de produtos de merchandising do Globo de Betanzos, cun valor aproximado de 45 euros. Os agasallos foron cedidos polo Concello de Betanzos que os adquiriu á Fundación Globo de San Roque.

Este é o terceiro ano consecutivo no que ACEBE CCA organiza este certame, que nesta ocasión coincide co 150 aniversario do lanzamento do primeiro globo de Betanzos por Claudino Pita.

Como participar

As persoas que desexen participar no concurso terán que elaborar un globo no formato que prefiran, unha maqueta, unha manualidade, un cartaz, un debuxo... e terán que levar a súa creación a algún dos establecementos asociados a ACEBE CCA para que o expoñan no seu escaparate ou nalgún lugar visible do seu local.

O concursante deberá sacar unha fotografía do globo no negocio no que estea exposto e remitila a betanzosacebe@gmail.com xunto cos datos persoais do autor ou autora do globo e o nome do establecemento no que está exposto. O prazo para remitir as fotografías comeza o 14 de xullo e remata o 1 de agosto. As bases completas do certame poden consultarse aquí.

O xurado, que estará formado por membros da xunta directiva de ACEBE CCA, reunirase o 5 de agosto para elixir ás persoas gañadoras. O resultado darase a coñecer no periódico de agosto de "Betanzos e a súa comarca" e nas redes sociais de ACEBE CCA.

BASES GALEGO BASES CASTELÁN

Noticia extraída do Nº 392 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis