Volven en novembro os "Días Azuis do comercio galego" con 16.200 euros en premios

A Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia convocan unha nova edición da campaña "Días Azuis do comercio galego" que se desenvolverá entre o 9 e o 30 de novembro. A iniciativa pon en xogo 16.200 euros en tarxetas regalo para gastar no pequeno comercio de proximidade. En total sortearanse 28 tarxetas prepago regalo de 300 euros (7 por cada provincia) e 52 de 150 euros (13 por provincia) que deberán utilizarse para mercar nos establecementos comerciais tradicionais.

A campaña, que xa se desenvolveu con éxito no mes de setembro, conta coa colaboración das federacións provinciais, as asociacións de comerciantes e os centros comerciais abertos de Galicia.

Para participar, os clientes deberán seguir tres pasos. Primeiro, realizar unha compra nun comercio de proximidade. Segundo, rexistrar a compra realizada na páxina web www.diasazuis.com.Terceiro, gardar o ticket de compra como comprobante.

Ademais, poden contar coa colaboración dos comerciantes para que sexan eles mesmos os que rexistren a compra a través da plataforma www.diasazuis.com/comercios, desta maneira, o cliente duplica as súas posibilidades de gañar un premio.

O sorteo realizarase o día 4 de decembro de 2020 ante notario e a Federación Galega de Comercio comunicarase directamente cos gañadores. Ademais, a listaxe de premiados publicarase tamén na páxina www.diasazuis.com. unha vez realizado o sorteo.


Novas relacionadas


A EDICIÓN DE VERÁN DA CAMPAÑA DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO SORTEA 12000 EUROS EN PREMIOS

01/06/2023

Comeza a Campaña Días Azuis do Comercio Galego que se desenvolverá entre o 5 e o 25 de xuño e que sorteará 12.000 euros en tarxetas regalo entre ...


leer máis


A XUNTA ABRE A INSCRICIÓN DOS COMERCIOS NA CAMPAÑA BONOS ACTIVA COMERCIO

14/04/2021

A Xunta acaba de abrir a inscrición dos establecementos comerciais á campaña Bonos Activa Comercio, unha iniciativa mediante a que se ofrecen aos c...


leer máis


A XUNTA ACTIVA OS PROGRAMAS DE AXUDAS A MICROEMPRESAS E HOSTALERÍA

30/11/2020

A Xunta de Galicia acaba de abrir o prazo de solicitude de dous novos programas de axudas destinadas a microempresas e a hostalería que completan o P...


leer máis


A XUNTA ABRE HOXE O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS A AUTÓNOMOS, QUE SERÁN DE ENTRE 1.200 E 2.000 EUROS

19/11/2020

As persoas traballadoras por conta propia poderán solicitar dende hoxe e ata o próximo 18 de decembro as axudas da Xunta para facer fronte á crise ...


leer máis