ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
As rifas de Nadal de ACEBE CCA sortean 24 regalos valorados en 1500 euros

A Campaña de Nadal de ACEBE CCA sorteou 24 agasallos valorados en 1.500 euros entre os clientes que realizaron as súas compras nos negocios asociados entre o 11 e o 31 de decembro. Os consumidores obtiveron rifas polas súas compras para participar no sorteo que se celebrou ante notario o día 8 de xaneiro de 2024. Poden consultar aquí os números premiados do sorteo.
Sorteáronse 24 agasallos, adquiridos por ACEBE CCA a outros tantos establecementos asociados que foron previamente elixidos por sorteo, e que consistirán en vales para gastar neses negocios.
As rifas deberán estar seladas polo establecemento emisor para ser válidas para o sorteo. Os números premiados publicaranse nesta páxina web, no periódico “Betanzos e a súa comarca” e nas Redes Sociais de ACEBE CCA. Os clientes que teñan algún dos boletos gañadores terán que poñerse en contacto coas oficinas da asociación no teléfono 981774574 ou presencialmente, para recoller o seu regalo. A data límite para reclamar o premio é o 26 de xaneiro ás 14.00 horas.
Poden consultar aquí as bases completas da promoción.
Como complemento á campaña de Nadal, ACEBE CCA instalou na Praza Irmáns García Naveira un parque infantil de xogos para diferentes idades ao que se poderá acceder conseguindo entradas nos negocios asociados.
Tanto a acción promocional como o parque infantil son un proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia, e actividade subvencionada pola Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos e contan co patrocinio de Gadis.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

